martes, 28 de abril de 2009

TICS

TICS

Antes de comenzar a falar sobre as TICs, é importante ter unha definición precisa destas, ou polo menos, ter una idea xeral do que se inclúe no amplo campo das TICs. Estas siglas significan Tecnoloxías da Información e Comunicación, que, como o seu propio nome indica, abarca todo o referente co intercambio de información mediante o uso da tecnoloxía, empregando os novos avances e aproveitando os recursos máis recentemente descubertos.
No noso instituto, podemos ver o uso das TICs en moitas áreas, principalmente cando se trata da procura de información. Alumnos e profesores por igual adoitan recurrir a Internet, a páxinas web tan coñecidas como a wikipedia, non só na clase optativa de TIC.
Na asignatura TIC, ó longo de todo o ano, estúdanse, principalmente, áreas de Internet e algunhas páxinas web que nos permiten realizar diversas tareas. A creación de blogs, que permiten comunicar certa información en un espacio público, as distintas funcións que aporta o buscador google (como un correo electrónico), etc.
Ademais de aprender da rede informática, a asignatura permítenos controlar certos programas como poden ser o Microsoft office Word, un programa moi útil que serve para tratar textos, redactalos, engadir interlineados, etc. O problema deste programa (e de todos os Microsoft office) é que pertencen a un software de pago, é unha obligación mercalos para dispor deles. Para evitar este problema, existen os chamados software libres, con programas moi similares ós dun software de pago, con diferencias mínimas e as mesmas funcións. Por exemplo, o Open office Writer é o programa que reemplazaría ao Word. Estes programas son moi útiles cando se necesita facer unha redacción, unha presentación por diapositivas (empregando o Microsoft office PowerPoint), etc. Estes recursos son comúnmente aproveitados polos profesores do instituto para resumir unha lección, facer un esquema, ter unha clase interactiva etc. Esto permite ensinar unha asignatura dunha maneira diferente, máis placenteira para o alumnado. Ademais de amenizar a clase, estes coñecementos do mundo informático axudan aos profesores a realizar leccións máis completas e mellor preparadas.
Dende o meu punto de vista, as TICs ofrecen numerosas vantaxes, pero dificultan un pouco o ensino cando se trata de obter os recursos necesarios para realizar este tipo de clases. Supón ter amplos coñecementos sobre este campo, pois pola red circulan os chamados “virus informáticos” e se necesitan programas capaces de protexer o ordenador contra estas ameazas.

TIC

TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) é unha asignatura optativa de 1º de Bacharelato e este ano é o primeiro no que se imparte.
O máis destacable desta asignatura é o método de ensino. Noutras clases faise todo teóricamente, só temos que crer o que nos din e aprendelo, pero en TIC temos un ordenador diante en todas as clases e traballamos con el. Nos comezamos creando un blog por grupos, no que íamos colgando as actividades propostas no blog da profesora. Algunhas destas actividades foron poñer fotos, videos ou música no blog, ou crear presentacións en programas ou na web e colgalas tamén no blog. Agora estamos utilizando o moodle, que é unha plataforma de ensino a distancia á que se pode acceder dende a páxina do instituto. Nel podemos atopar cursos de aprendizaxe, foros, calendario, noticias e outros servizos. Os alumnos de TIC estamos nun curso no que se atopan as prácticas que debemos facer, agrupadas por temas como o procesador de textos e a folla de cálculo. As prácticas temos que colgalas na mesma páxina onde están enunciadas antes dunha fecha límite, e as notas das mesmas tamén aparecen alí.
Todo isto é moi útil para outras asignaturas, xa que na tamén nova CMC utilizamos os blogs para os traballos e convén saber manexalos ben previamente. E sobre todo en Física e Química, que utilizan o moodle para poñer exercicios para que poidamos repasar na rede.
Na miña opinión, é unha asignatura moi interesante con bastante utilidade, xa que os ordenadores son o presente e o futuro, e o método de ensino faina unha hora máis relaxada na que non hai que estar tomando apuntamentos nin facendo exames.