lunes, 15 de junio de 2009

Por unha oposición activa á pseudoconsulta do PP no ensino Marca “Todo en galego” / “Só galego” e cubre as observacións

Por unha oposición activa á pseudoconsulta do PP no ensino
Marca “Todo en galego” / “Só galego” e cubre as observacións


A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con outras organizacións con
presenza no ámbito educativo, consensuou un posicionamento fortemente
crítico coa consulta que está a realizar a Consellaría de Educación. Ademais da
propia Mesa, subscribiron ese posicionamento a Asociación de Directores e
Directivos de IES, a AS-PG, CC.OO, CIG, Comités, Coordenadora de Equipas de
Normalización e Dinamización Lingüística de Ferrolterra, Coordenadora de
Equipas de Normalización e Dinamización Lingüística de Compostela,
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística,
CSI-CSIF, Federación de ANPAs de centros públicos de Ferrolterra, FETE-UXT,
Nova Escola Galega e STEG.

Tendo en conta as valoracións realizadas nese posicionamento unitario, A
Mesa realiza as seguintes propostas para facermos unha oposición
activa a esta pseudoconsulta:

1) Marcar a opción “galego” (en infantil e FP) e “todo en galego” (primaria
e secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos
en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e
como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos
por todo o ensino en galego, pois esta opción non a considera a
Consellaría.

2) Incluír na epígrafe de observacións da consulta unha petición semellante
á que se expresa a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que
non recolle esta enquisa.
Estou a favor da aplicación do decreto actual de
promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso
da comunidade educativa e que emana do Plan xeral de
normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade
no Parlamento galego.
Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non
me parezan lexítimos.

Cómpre que se dean a coñecer estas propostas ás familias con estudantes que
vaian participar na consulta. Temos só esta semana e a vindeira (até o día 19)
para o facermos.

Así mesmo, podemos divulgar unha sms co seguinte texto: “Consulta ensino en
galego: Sinala galego/todo galego. En observacións pon: Todo o ensino en
galego. Aplicación actual decreto. Deslexitimo resultado da consulta.”

martes, 28 de abril de 2009

TICS

TICS

Antes de comenzar a falar sobre as TICs, é importante ter unha definición precisa destas, ou polo menos, ter una idea xeral do que se inclúe no amplo campo das TICs. Estas siglas significan Tecnoloxías da Información e Comunicación, que, como o seu propio nome indica, abarca todo o referente co intercambio de información mediante o uso da tecnoloxía, empregando os novos avances e aproveitando os recursos máis recentemente descubertos.
No noso instituto, podemos ver o uso das TICs en moitas áreas, principalmente cando se trata da procura de información. Alumnos e profesores por igual adoitan recurrir a Internet, a páxinas web tan coñecidas como a wikipedia, non só na clase optativa de TIC.
Na asignatura TIC, ó longo de todo o ano, estúdanse, principalmente, áreas de Internet e algunhas páxinas web que nos permiten realizar diversas tareas. A creación de blogs, que permiten comunicar certa información en un espacio público, as distintas funcións que aporta o buscador google (como un correo electrónico), etc.
Ademais de aprender da rede informática, a asignatura permítenos controlar certos programas como poden ser o Microsoft office Word, un programa moi útil que serve para tratar textos, redactalos, engadir interlineados, etc. O problema deste programa (e de todos os Microsoft office) é que pertencen a un software de pago, é unha obligación mercalos para dispor deles. Para evitar este problema, existen os chamados software libres, con programas moi similares ós dun software de pago, con diferencias mínimas e as mesmas funcións. Por exemplo, o Open office Writer é o programa que reemplazaría ao Word. Estes programas son moi útiles cando se necesita facer unha redacción, unha presentación por diapositivas (empregando o Microsoft office PowerPoint), etc. Estes recursos son comúnmente aproveitados polos profesores do instituto para resumir unha lección, facer un esquema, ter unha clase interactiva etc. Esto permite ensinar unha asignatura dunha maneira diferente, máis placenteira para o alumnado. Ademais de amenizar a clase, estes coñecementos do mundo informático axudan aos profesores a realizar leccións máis completas e mellor preparadas.
Dende o meu punto de vista, as TICs ofrecen numerosas vantaxes, pero dificultan un pouco o ensino cando se trata de obter os recursos necesarios para realizar este tipo de clases. Supón ter amplos coñecementos sobre este campo, pois pola red circulan os chamados “virus informáticos” e se necesitan programas capaces de protexer o ordenador contra estas ameazas.

TIC

TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) é unha asignatura optativa de 1º de Bacharelato e este ano é o primeiro no que se imparte.
O máis destacable desta asignatura é o método de ensino. Noutras clases faise todo teóricamente, só temos que crer o que nos din e aprendelo, pero en TIC temos un ordenador diante en todas as clases e traballamos con el. Nos comezamos creando un blog por grupos, no que íamos colgando as actividades propostas no blog da profesora. Algunhas destas actividades foron poñer fotos, videos ou música no blog, ou crear presentacións en programas ou na web e colgalas tamén no blog. Agora estamos utilizando o moodle, que é unha plataforma de ensino a distancia á que se pode acceder dende a páxina do instituto. Nel podemos atopar cursos de aprendizaxe, foros, calendario, noticias e outros servizos. Os alumnos de TIC estamos nun curso no que se atopan as prácticas que debemos facer, agrupadas por temas como o procesador de textos e a folla de cálculo. As prácticas temos que colgalas na mesma páxina onde están enunciadas antes dunha fecha límite, e as notas das mesmas tamén aparecen alí.
Todo isto é moi útil para outras asignaturas, xa que na tamén nova CMC utilizamos os blogs para os traballos e convén saber manexalos ben previamente. E sobre todo en Física e Química, que utilizan o moodle para poñer exercicios para que poidamos repasar na rede.
Na miña opinión, é unha asignatura moi interesante con bastante utilidade, xa que os ordenadores son o presente e o futuro, e o método de ensino faina unha hora máis relaxada na que non hai que estar tomando apuntamentos nin facendo exames.

viernes, 6 de marzo de 2009

Actividades para o 6 de marzo

Páx. 97 ex. 26:
E-learning significa aprendizaxe electrónico.

ex. 27:
MOODLE son as siglas de Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment (Entorno Modular de Aprendizaxe Dinámico Orientado a Obxectos). A súa páxina oficial é http://moodle.org/

viernes, 27 de febrero de 2009

Bacharelato a distancia

http://pre.universia.es/que-estudiar/bachillerato-distancia/matricula/galicia/index.htm


A Consellería de Educación oferta estas ensinanzas pola modalidade a distancia:
-Educación Secundaria para adultos. Os centros EPA (un en cada cidade) e sete institutos ofertan estas ensinanzas.
-Bacharelato semipresencial e bacharelato a distancia, nas modalidades de Humanidades e ciencias sociais e Ciencias da natureza e da saúde. O bacharelato a distancia con titorías telemáticas pode cursarse no IES San Clemente, de Santiago de Compostela. O bacharelato semipresencial pode cursarse ese mesmo instituto e nos centros EPA da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
-Aulas Mentor: ampla oferta de cursos non regrados a través de internet e en colaboración co Ministerio de Educación y Ciencia.
-Curso de inglés That's English. Matrícula nas escolas oficiais de idiomas das capitais de provincia.