lunes, 29 de septiembre de 2008

"a arte das musas"

A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensíbelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte. (Galipedia)


Despois desta breve introdución preséntome, son Xiana, e falareivos un pouco de música.

Máis concretamente creo q vou facerlles un pouco de publicidade ós grupos da zona, que fixo que mo agradecen xD


Pero para empezar, falarei da ensinanza da música.


O máis coñecido e con máis prestixio son os conservatorios, e botamos man da galipedia outra vez para falar un pouco deles:

O conservatorio é un establecemento de educación superior dedicado a ensinar a arte da música, incluíndo a práctica de instrumentos musicais, a composición musical, teoría da música e historia da música.


De orixe italiana, no século XVIII consolídanse como institucións de carácter benéfico que suministraban voces e man de obra para a representación de óperas. O conservatorio moderno comeza coa refundación do Conservatorio de París en 1795 baixo un dobre criterio: dar un carácter público o seu ensino e a súa división en cátedras especializadas cubertas mediante concurso-oposición libre. Entre 1810 e 1850 tódalas grandes cidades de Europa contaran con conservatorios seguindo o modelo parisino.


Pero hai moitas outras escolas de música, e como exemplo poñereivos a Escola Da Vaca (que está na rúa Dolores xusto o lado d amboage).

Nela poden aprenderse gran variedade de instrumentos, e tamén teñen unhas clases que veñen sendo de iniciación á música, ou algo polo estilo, para os máis pequenos.

En fin de curso fanse dous concertos, un acústico, e outro q facemos no medio da rúa.

E xa me despido deixandovos algúns videos de concertos de fin de curso :)

(aviso de que non teñen comparación coa realidade, os videos soen ter moi mal son)


2006


2007


2008




Hoy, fútbol


FÚTBOL

El fútbol o futbol (del inglés football), también llamado balompié, es un deporte de equipo jugado entre dos conjuntos de 11 jugadores cada uno. Es ampliamente considerado como el deporte más popular del mundo, con unos 270 millones de personas involucradas. Se juega en un campo rectangular de césped, con una meta o portería a cada lado del campo. El objetivo del juego es desplazar una pelota a través del campo para intentar ubicarla dentro de la meta contraria, acto que se conoce como gol. El equipo que marque más goles al cabo del partido es el que resulta ganador. En la imagen ya se ven las medidas reglamentarias de un campo de fútbol.



Ahí dejo un vídeo para que podáis ver a unos niños jugando al fútbol

en su tiempo libre. Estos niños tienen un profesor que les enseña. Es una buena forma de hacer ejercicio y divertirse con tus amigos después del cole.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Actividades


A fibra óptica


A fibra óptica é un filamento transparente e delgado, usualmente feito de vidro ou plastico para transmitir luz a través de centos ou miles de quilómetros. A fibra óptica é un dos elementos clave na revolución das telecomunicacións ópticas.


Vantaxes

* O seu ancho de banda é moi grande (teóricamente de ata 1 THz), mediante técnicas de multiplexación por división de frecuencias (WDM/DWDM), que permiten enviar ata 100 haces* de luz (cada un cunha lonxitude de onda diferente) a unha velocidade de 10 Gb/s cada un por unha mesma fibra, chéganse a obter velocidades de transmisión totais de 10 Tb/s.
* É inmune totalmente ás interferencias electromagnéticas.
* É segura, xa que se pode instalar en lugares onde poidan haber substancias perigosas ou inflamables, xa que non transmite electricidade.

Desvantaxes


Malia as vantaxes antes enumeradas, a fibra óptica presenta unha serie de desaentaxes fronte a outros medios de transmisión, sendo as máis relevantes as seguintes:

* A alta fraxilidade das fibras.
* Necesidade de usar transmisores e receptores máis caros
* Os empalmes entre fibras son difíciles de realizar, especialmente no campo, o que dificulta as reparacións en caso de rotura do cable
* Non pode transmitir electricidade para alimentar repetidores intermedios
* A necesidade de efectuar, en moitos casos, procesos de conversión eléctrica-óptica
* A fibra óptica convencional non pode transmitir potencias elevadas.
* Non existen memorias ópticas

A domótica

A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía, até mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en entornos antropizados. Esta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruce das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)

Wi-fi

Wi-fi (de Wireless Fidelity), tamén Wireless ("sen fio") é o termo usado en xeral para a transmision de dados, sen fíos e por ondas de radio en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.

É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.

Bluetooth

Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.

Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .

O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth.

Radiofrecuencia

O termo radiofrecuencia, tamén denominado espectro de radiofrecuencia ou RF, aplícase á porción menos enerxética do espectro electromagnético, situada entre uns 3 Hz e uns 300 GHz. As ondas electromagnéticas desta rexión do espectro pódense transmitir aplicando a corrente alterna orixinada nun xerador a unha antena.

Biotecnoloxía

A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinario que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, inxeniería, física, química, medicina e veterinaria entre outras. Ten gran repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minería e a agricultura entre outros.

Bioinformática

A bioinformática, segundo unha das súas definicións máis sinxelas, é a aplicación de tecnoloxía de computadores á xestión e análise de datos biolóxicos. Os términos bioinformática, bioloxía computacional e, en ocasións, biocomputación, utilizados en moitas situacións como sinónimos, fan referencia a campos de estudos interdisciplinarios moi vinculados, que requiren o uso ou o desenvolvemento de diferentes técnicas que inclúen informática, matemática aplicada, estatística, ciencias da computación, intelixencia artificial, química e bioquímica para solucionar problemas, analizar datos, ou simular sistemas ou mecanismos, todos eles de índole biolóxica, e usualmente (pero non de forma exclusiva) no nivel molecular.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Inicio

Empezamos este blog hoy Jaime y Xiana, para hablar de lo que vosotros, alumnos, podeis hacer después del cole para divertiros o si quereis estudiar.