A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensíbelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte. (Galipedia)
Despois desta breve introdución preséntome, son Xiana, e falareivos un pouco de música.
Máis concretamente creo q vou facerlles un pouco de publicidade ós grupos da zona, que fixo que mo agradecen xD
Pero para empezar, falarei da ensinanza da música.
O máis coñecido e con máis prestixio son os conservatorios, e botamos man da galipedia outra vez para falar un pouco deles:
O conservatorio é un establecemento de educación superior dedicado a ensinar a arte da música, incluíndo a práctica de instrumentos musicais, a composición musical, teoría da música e historia da música.
De orixe italiana, no século XVIII consolídanse como institucións de carácter benéfico que suministraban voces e man de obra para a representación de óperas. O conservatorio moderno comeza coa refundación do Conservatorio de París en 1795 baixo un dobre criterio: dar un carácter público o seu ensino e a súa división en cátedras especializadas cubertas mediante concurso-oposición libre. Entre 1810 e 1850 tódalas grandes cidades de Europa contaran con conservatorios seguindo o modelo parisino.
Pero hai moitas outras escolas de música, e como exemplo poñereivos a Escola Da Vaca (que está na rúa Dolores xusto o lado d amboage).
Nela poden aprenderse gran variedade de instrumentos, e tamén teñen unhas clases que veñen sendo de iniciación á música, ou algo polo estilo, para os máis pequenos.
En fin de curso fanse dous concertos, un acústico, e outro q facemos no medio da rúa.
E xa me despido deixandovos algúns videos de concertos de fin de curso :)
(aviso de que non teñen comparación coa realidade, os videos soen ter moi mal son)
2006
2007
2008
2 comentarios:
Vaya, te has currado la entrada. Gracias por hacerla. La próxima me toca a mi. Nos vemos.
Ben, non sabia que coñecias a Escola da vaca, sabes que os meus fillos van alí tamén, un a instrumento e outro a iniciación.
¿E Tí?
Publicar un comentario