A fibra óptica
A fibra óptica é un filamento transparente e delgado, usualmente feito de vidro ou plastico para transmitir luz a través de centos ou miles de quilómetros. A fibra óptica é un dos elementos clave na revolución das telecomunicacións ópticas.
* O seu ancho de banda é moi grande (teóricamente de ata 1 THz), mediante técnicas de multiplexación por división de frecuencias (WDM/DWDM), que permiten enviar ata 100 haces* de luz (cada un cunha lonxitude de onda diferente) a unha velocidade de 10 Gb/s cada un por unha mesma fibra, chéganse a obter velocidades de transmisión totais de 10 Tb/s.
* É inmune totalmente ás interferencias electromagnéticas.
* É segura, xa que se pode instalar en lugares onde poidan haber substancias perigosas ou inflamables, xa que non transmite electricidade.
Malia as vantaxes antes enumeradas, a fibra óptica presenta unha serie de desaentaxes fronte a outros medios de transmisión, sendo as máis relevantes as seguintes:
* A alta fraxilidade das fibras.
* Necesidade de usar transmisores e receptores máis caros
* Os empalmes entre fibras son difíciles de realizar, especialmente no campo, o que dificulta as reparacións en caso de rotura do cable
* Non pode transmitir electricidade para alimentar repetidores intermedios
* A necesidade de efectuar, en moitos casos, procesos de conversión eléctrica-óptica
* A fibra óptica convencional non pode transmitir potencias elevadas.
* Non existen memorias ópticas
A domótica
A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía, até mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en entornos antropizados. Esta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruce das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)
Wi-fi (de Wireless Fidelity), tamén Wireless ("sen fio") é o termo usado en xeral para a transmision de dados, sen fíos e por ondas de radio en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.
É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.
Bluetooth
Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.
Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .
O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth.
O termo radiofrecuencia, tamén denominado espectro de radiofrecuencia ou RF, aplícase á porción menos enerxética do espectro electromagnético, situada entre uns 3 Hz e uns 300 GHz. As ondas electromagnéticas desta rexión do espectro pódense transmitir aplicando a corrente alterna orixinada nun xerador a unha antena. |
Biotecnoloxía
1 comentario:
Ven, vamos a probar a insertar algunha imaxe ou algún video relacionado coas entradas...
Publicar un comentario