martes, 28 de abril de 2009

TIC

TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) é unha asignatura optativa de 1º de Bacharelato e este ano é o primeiro no que se imparte.
O máis destacable desta asignatura é o método de ensino. Noutras clases faise todo teóricamente, só temos que crer o que nos din e aprendelo, pero en TIC temos un ordenador diante en todas as clases e traballamos con el. Nos comezamos creando un blog por grupos, no que íamos colgando as actividades propostas no blog da profesora. Algunhas destas actividades foron poñer fotos, videos ou música no blog, ou crear presentacións en programas ou na web e colgalas tamén no blog. Agora estamos utilizando o moodle, que é unha plataforma de ensino a distancia á que se pode acceder dende a páxina do instituto. Nel podemos atopar cursos de aprendizaxe, foros, calendario, noticias e outros servizos. Os alumnos de TIC estamos nun curso no que se atopan as prácticas que debemos facer, agrupadas por temas como o procesador de textos e a folla de cálculo. As prácticas temos que colgalas na mesma páxina onde están enunciadas antes dunha fecha límite, e as notas das mesmas tamén aparecen alí.
Todo isto é moi útil para outras asignaturas, xa que na tamén nova CMC utilizamos os blogs para os traballos e convén saber manexalos ben previamente. E sobre todo en Física e Química, que utilizan o moodle para poñer exercicios para que poidamos repasar na rede.
Na miña opinión, é unha asignatura moi interesante con bastante utilidade, xa que os ordenadores son o presente e o futuro, e o método de ensino faina unha hora máis relaxada na que non hai que estar tomando apuntamentos nin facendo exames.

No hay comentarios: