viernes, 3 de octubre de 2008

Actividades II

TCP/IP

A finais dos anos 60, o departamento de defensa dos EE.UU. desenrola a rede ARPANET e o Protocolo de transmisión TCP/IP (Protocolo de control de transmisión/Protocolo Internet); esta rede permitía o envío de información entre os seus ordenadores por distintas rutas, co fin de que poidera sobrevivir a unha destrucción parcial do sistema. Esta rede é considerada a precursora de Internet.

OS CD's: FUNCIONAMENTO

O rexistro dos sinais sonoros non se verifica de forma analóxica, senón dixital; a información auditiva rexístrase na superficie en forma de pequenos orificios lonxitudinais e non en surcos espirais, como os discos de vinilo. A exploración non se leva a cabo mediante una agulla, senón a través dun raio láser, sen que exista contacto entre o lector e o disco, polo que este non se desgasta nin se deteriora.

Tecnoloxía xDSL

Esta tecnoloxía permite utilizar o par de cobre dunha línea telefónica analóxica en liñas de alta velocidade. Ademais, fai posible que unha única liña poida ser utilizada, á vez, para acceder a internet e para manter unha conversación telefónica.
En cambio, a tecnoloxía inalámbrica permite acabar coa conexión duns ordenadores con outros sin necesidade de cables, así favorécese a mobilidade do usuario.

Sistema WiMAX- O inalámbrico do presente

A partir do 2005 empézase a investigar e experimentar con novos sistemas inalámbricos de longo alcance, os sistemas WiMAX. Estes sistemas próbanse en veleiros de regatas e en plataformas petrolíferas situadas mar adentro, para establecer comunicacións coas zonas continentais.

No hay comentarios: