
Loretta Martin, grupo galego formado no ano 2002, como un proxecto musical que pretendía desenvolver un estilo próximo ao rock e ao blues, tendo como principais influencias a bandas anglófonas dos sesenta e setenta como os Rolling Stones, Steve Miller Band ou os Beatles. Toma o seu nome dun personaxe da canción Get Back deste último grupo. No ano 2003, coa incorporación de novos membros, a banda vai abrindo o abano das súas referencias, e comeza a experimentar sons máis próximos ao funk e ao rock contemporáneo, con certas influencias da Música Popular Brasileira. A influencia do funk (especialmente Tim Maia e Jamiroquai), sobresae e gaña peso, pasando a banda a desenvolver un estilo característico mestura de funk e rock.
No ano 2004 a banda sofre importantes cambios, con saída dalgúns membros e a incorporación do batería Iago Otero. Nese ano a banda aumenta a súa actividade e, ademais de gravar unha maqueta, chega a dar máis de trinta concertos por toda a Galiza, así como a participar en distintos certames. Quedan semifinalistas do concurso "Novos Talentos" de Arousa, e segundos no "Campus Sons", un concurso de rock universitario. A segunda praza do "Campus Sons" válelles a participación, con dous temas, no recopilatorio do concurso "Campusons. Rock universitario en galego Vol. 1", xunto cos outros finalistas: Javier Ferreirós, Kastomá e Fai Tun Flai.
No ano 2006 gravan e dan á luz o seu primeiro traballo: Paraiso distante, editado por Falcatruada. Durante a gravación do disco Ion Rivero sae da banda, co que fican coa formación actual: Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo) e Iago Otero (batería).
E agora deixovos unha presentación sobre myspace, xa que en case todas as entradas deixarei un link ao myspace do grupo do que fale.
http://www.lorettamartin.net/
3 comentarios:
m gusta la segunda cancion!jeje
aki teneis nuestro comentarioO!xD
de parte de marta, sara y dario el blog está muy bien. Gracias por el comentario ok¿? chao
Hola, muy guapo lo del grupo, a ver si encuentro alguna canción y lo oigo
Publicar un comentario